Contacto
Casa do Concello
R/ Praza da Igrexa, 1
36847 Fornelos de Montes
Contacto:
Tel.: 986.76.84.09
Fax: 986.76.84.11
HORARIO
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Fornelos de Montes traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas deste municipio. Ofrece un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal. Nelas valóranse as necesidades expostas, oriéntase aos recursos máis axeitados, intervindo profesionalmente cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade.
PROGRAMAS
Programa de información, orientación e asesoramento:
A través da oficina municipal de Asuntos Sociais, poñer os mecanismos dispoñibles para facilitar ao cidadán e a comunidade en xeral o coñecemento e acceso aos recursos sociais existentes, cunha axuda profesional que garanta unha resposta ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación de servizos sociais, entre eles están o acceso a RISGA, axudas Emerxencia Social, etc.
Axuda no fogar:
Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións persoais no domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións que teñan limitada a súa autonomía persoal ou os casos de desestructuración familiar.
Actuacións preventivas:
Realízanse actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integracion social. Programa de información, orientación e asesoramento: a través da oficina municip Programa de información, orientación e asesoramento: a través da oficina municipal de Asuntos Sociais, poñer os mecanismos dispoñibles para facilitar ao cidadán e a comunidade en xeral o coñecemento e acceso aos recursos sociais existentes, cunha axuda profesional que garanta unha resposta ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación de servizos sociais, entre eles están o acceso a RISGA, axudas Emerxencia Social, etc.