Concello de Fornelos de Montes

Concello de Fornelos de Montes

Concello de Fornelos de Montes

Contacto

986 76 84 09

Sede electrónica

Tramitación en liña

EXPEDIENTE 974/2025. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BEN A EXPROPIAREN PRAZA DA IGREXA CON APERTURA DO PRAZO PARA A FIXACIÓN DUN PREZO DE MUTUO ACORDO

 

Anuncio B.O.P.P.O 3 de xuño de 2026.

Certificado acordo do Pleno 28/05/2026.

Anuncio Diario de Pontevedra 09/06/2036

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN PEÓN LIMPADOR/A

 

Anuncio B.O.P

BASES PARA A SELECCIÓN DUN SOCORRISTA NO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

 

BASES PARA A SELECCIÓN DUN SOCORRISTA NO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES, NO MARCO DO PLAN MÁIS PROVINCIA 2025 PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (LIÑA 3)

 

PROGRAMA + RETO DIXITAL

 

O Concello de Fornelos de Montes a través do “PROGRAMA + RETO DIXITAL” levará a cabo tres obradoiros:

  • SERGAS, A SÚA APLICACIÓN ELECTRÓNICA E TELEA.
  • USO DA BANCA MÓBIL E AS COMPRAS ELECTRÓNICAS.
  • A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Van dirixidos a tódalas persoas MAIORES DE 50 ANOS empadroadas no Concello de Fornelos de Montes. Cada Obradoiro terá un CUSTO DE 5 € POR PERSOA PARTICIPANTE en cada curso cunha duración de 5 horas.

Os/as interesados/as chamar ao concello Télf. 986768409,  ou enviar e-mail ao correo electrónico rexitro@fornelos.gal.

Prazo ata o 12 de maio de 2025.

 

ANUCIO DE LICITACIÓN CONCESION QUIOSCO DA PRAIA FLUVIAL FORNELOS

Con data 13 de febreiro de 2025 publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP) o anuncio de licitación do expediente de Concesión demanial para a instalación de explotación de quiosco na Praia fluvial de Portovilán.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días naturais (ata o 28 de febreiro de 2025) para presentar a documentación segundo o establecido no Prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a citada contratación.

Para calquera aclaración poden dirixirse ás oficinas municipais.

Así mesmo, de estar interesados en visitar o emprazamento obxecto das actuación, poderán solicitalo e serán acompañados polo Sr. Alcalde ou persoal municipal.

Detalle da Licitación:

https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=0fBYg%2FOtZbMeC9GJQOEBkQ%3D%3D

LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS E CONVOCATORIA EXAMEN PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN FORNELOS DE MONTES

PRAZA DE AEDL (VALORACIÓN DE MÉRITOS – CONCURSO).

PRAZAS DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (VALORACIÓN DE MÉRITOS – CONCURSO OPOSICION)

PRAZAS DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR ( VALORACIÓN DE MÉRITOS- CONCURSO)

PRAZA DE AUXILIAR SERVIZOS SOCIAIS (VALORACIÓN DE MÉRITOS- CONCURSO OPOSICION).

—

PRAZA DE AEDL (VALORACIÓN DE MÉRITOS – ACTA TRIBUNAL).

PRAZAS DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (VALORACIÓN DE MÉRITOS – CONCURSO OPOSICION – ACTA TRIBUNAL)

PRAZAS DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR ( VALORACIÓN DE MÉRITOS- CONCURSO- ACTA TRIBUNAL)

PRAZA DE AUXILIAR SERVIZOS SOCIAIS (VALORACIÓN DE MÉRITOS- CONCURSO OPOSICION- ACTA TRIBUNAL).

 

NOTAS DE PRENSA

A veciñanza de Fornelos de Montes coñece o novo contedor marrón nun posto informativo.

Fornelos de Montes, 27 de outubro de 2026.

A campaña «O residuo orgánico? Ao marrón!» instalou o martes 27 de outubro un posto informativo diante da Casa do Concello de Fornelos de Montes.

No posto, atendido polo persoal promotor da campaña, expuxéronse o novo contedor marrón intelixente de 240 litros e o caldeiro de cociña, para que a veciñanza puidese ver de preto como funcionan e resolver as súas dúbidas.

O equipo explicou que residuos van ao contedor marrón, como se abre coa tarxeta e por que hai que usar sempre bolsa compostable. Ademais, repartiu material informativo e facilitou a inscrición no programa para recibir de balde o pack de uso: tarxeta de apertura, caldeiro de cociña e bolsas compostables.

Quen non puido achegarse ao posto pode inscribirse igualmente na páxina web fornelos.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta actuación forma parte do proxecto «Mellora da ecoeficiencia e transición cara á economía circular na xestión dos residuos municipais de Fornelos de Montes 2026», que conta co apoio da Xunta de Galicia e está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

15 establecementos de Fornelos de Montes súmanse á recollida do orgánico

Fornelos de Montes, 24 de outubro de 2026.

A campaña do contedor marrón de Fornelos de Montes visitou en outubro os 15 establecementos que funcionan como grandes produtores de biorresiduos no municipio: 8 de hostalaría, 4 comercios de alimentación, 2 aloxamentos de turismo rural e o comedor escolar do CEIP Doutor Suárez.

En cada visita, o persoal técnico explicou o funcionamento do novo sistema e ofreceu unha formación adaptada á forma de traballar de cada negocio, desde a separación na cociña ata a entrega no contedor.

Os establecementos reciben de balde un caldeiro de 25 litros, bolsas e fundas compostables e unha guía práctica para grandes produtores, con información sobre os tipos de biorresiduos, a normativa e as boas prácticas de separación e almacenamento.

Os negocios colaboradores identifícanse co adhesivo de escaparate «Establecemento sostible». O fogar residencial municipal para persoas maiores incorporarase ao programa cando entre en funcionamento.

Os establecementos que aínda queiran sumarse poden facelo a través da páxina web fornelos.ocaminosostible.gal, do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta actuación forma parte do proxecto «Mellora da ecoeficiencia e transición cara á economía circular na xestión dos residuos municipais de Fornelos de Montes 2026», que conta co apoio da Xunta de Galicia e está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

O alumnado do CEIP Doutor Suárez descobre canto pesa o orgánico na bolsa do lixo.

Fornelos de Montes, 22 de outubro de 2026.

O CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes acolleu o xoves 22 de outubro unha xornada de charlas sobre a separación de residuos, dentro da campaña do contedor marrón «O residuo orgánico? Ao marrón!».

Impartíronse tres charlas para o alumnado de 1º e 2º, 3º e 4º e 5º e 6º de Educación Primaria, nas que participaron 38 alumnos e alumnas e tres docentes.

Nas sesións traballáronse as fraccións de residuos e o contedor de cada unha, e o alumnado descubriu que a materia orgánica é unha das partes que máis pesa na bolsa do lixo. Tamén se presentou o caldeiro de cociña que reciben as familias e o funcionamento do novo contedor marrón intelixente.

O colexio conta con comedor escolar e forma parte tamén dos grandes produtores de biorresiduos do municipio, polo que a separación do orgánico aplícase tamén no propio centro.

As familias interesadas poden inscribirse e recibir de balde o seu pack de uso a través da páxina web fornelos.ocaminosostible.gal, do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

Esta actuación forma parte do proxecto «Mellora da ecoeficiencia e transición cara á economía circular na xestión dos residuos municipais de Fornelos de Montes 2026», que conta co apoio da Xunta de Galicia e está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

Fornelos de Montes pon en marcha a recollida separada do lixo orgánico con contedores marróns intelixentes

Fornelos de Montes, 15 de outubro de 2026.

O Concello de Fornelos de Montes puxo en marcha a recollida separada da fracción orgánica co contedor marrón, dentro da campaña «O residuo orgánico? Ao marrón!».

Instaláronse cinco contedores intelixentes de 240 litros con peche electrónico na tapa, que só se abren coa tarxeta das persoas usuarias, para garantir a calidade do residuo e evitar impropios.

No contedor marrón van os restos de froita, verdura e comida, as cascas de ovo e de marisco, as borras de café e infusións, o papel de cociña e as servilletas usadas, as plantas e as flores, sempre en bolsa compostable.

Os fogares que se inscriban reciben de balde un pack de uso coa tarxeta de apertura do contedor, un caldeiro de cociña de 10 litros e bolsas compostables. O programa prevé incorporar 100 fogares nesta primeira fase.

A hostalaría, os comercios de alimentación e os comedores colectivos poden adherirse como grandes produtores e recibir un caldeiro de 25 litros, bolsas compostables, unha guía práctica e o adhesivo de «Establecemento sostible».

Os biorresiduos recollidos destínanse a SOGAMA para a súa reciclaxe. A recollida coordínase co Concello de Pazos de Borbén.

As persoas interesadas poden inscribirse na páxina web fornelos.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico info@ocaminosostible.gal.

O proxecto conta cunha axuda de 6.540,50 € da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia (procedemento MT975X, Liña 1, expediente EELL-0238-2026-

BANDOS

BANDO:

⇒ LIMPEZA DE PARCELAS 2026 

Descargar bando.

    

BANDO:

⇒ COBRANZA EN PERIODO VOLUNTARIO DOS IMPOSTOS MUNICIPAIS EXERCICIO 2026 

Descargar bando.

    

Lanzamento campaña compostaxe

Que fas cos teus restos orgánicos?

Sabías que a metade do peso do lixo do fogar é orgánico?

Se tes un pequeno terreo, podes transformalos en abono natural de gran calidade grazas á compostaxe doméstica.

DE BALDE, O Concello de Fornelos ofréceche un composteiro, formación e asesoramento durante todo o 2025.

Anótate en: fornelos.ocaminosostible.gal ou no 647 521 464.

É sinxelo, útil e 100% sostible 

Un saúdo,

CONVOCATORIA DA XV EDICIÓN DO PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY

 

Bases

Ficha de participación.

    

ASER ÁLVAREZ GAÑADOR DA IX EDICIÓN DO PREMIO DE XORNALISMO

 

Acta xurado.

Texto gañador

 

A Deputación Provincial de Pontevedra a través da Escola de Cantería de Pontevedra donou a escultura Home con neno en brazos ao Concello de Fornelos de Montes mediante convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Fornelos de Montes.

O Concello de Fornelos de Montes recibe 6.540,50 € da Xunta de Galicia e do FEDER paramellorar a xestión dos residuos municipais.

Recollida separada de biorresiduos.

O Concello de Fornelos de Montes resultou beneficiario dunha axuda da Consellería de MedioAmbiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do do 15 de xaneiro de 2026pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais deGalicia para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dosresiduos de competencia municipal, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programaGalicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible para o ano2026 (DOG n.º 25 de 6 de febreiro de 2026. O importe concedido ascende a 6.540,50 euros.

A actuación subvencionada é a seguinte:

  •  Liña 1 · Recollida separada de biorresiduos (exp. EELL-0238-2026-RES): 6.540,50 €.
    Implantación e mellora da recollida separada dos biorresiduos (contedor marrón):subministración de contedores, caldeiros e bolsas compostables e campañas de sensibilización dirixidas ás familias e aos grandes xeradores (hostalaría, comercio e centros públicos), para que os restos de comida e de horta deixen de ir á fracción resto e se valoricen como compost.

O obxectivo principal destas axudas é ampliar a capacidade de xestión de residuos municipais e o resultado que se pretende acadar é aumentar a cantidade de residuos que se recollen de xeitoselectivo, en liña cos obxectivos do Plan de Xestión de Residuos Municipais de Galicia 2030 e da Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

As actuacións executaranse ao longo de 2026. O Concello de Fornelos de Montes pide a colaboración da veciñanza para facer un bo uso dos novos servizos, dos que se irá informando a medida que entren en funcionamento.

Actuación cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027 (taxa de cofinanciamento do 60 %) e pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, con cargo as axudas convocadas para o ano 2025 ao abeiro das bases reguladoras das axudas financiadas ao abeiro do plan Camiña rural para o período 2025-2026, mediante tramitación anticipada de gasto, concedeu ao Concello de Fornelos de Montes unha subvención por importe de 51.380,00 € (25.031,27 € correspondentes á anualidade 2025 e 26.348,73 € correspondentes á anualidade 2026), para o investimento denominado “Pavimentación de camiños municipais en Ventin e Traspielas (Fornelos de Montes)”, cun orzamento total de sesenta e dous mil cento sesenta e nove euros con oitenta céntimos (62.169,80 €).

 

O CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. Fondos de recuperación e resiliencia na actuación L2 – COMPOSTAXE, cunha axuda concedida de 7.402.5 € no procedemento MT975T. Sendo esta unha operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE — NextGenerationEU.

O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), ao abeiro do Real Decreto 692/2021, de 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa de axudas para inversións a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE n.º 185 de 4 de agosto de 2021) modificado pola disposición final primeira do Real Decreto 991/2021, de 16 de novembro (BOE n.º 276 de 18 de novembro de 2021), concedeu ao Concello de Fornelos de Montes unha subvención por importe de 233.803,69 € para o investimento do proxecto denominado “rehabilitación enerxética dos edificios do concello, centro de saúde e multiusos”

 

 

Rehabilitación enerxética dos edificios do Concello, Centro de saude e Multiusos

>> Datos de producción enerxética da instalación

O tempo en Fornelos de Montes >> AMPLIAR

...

Os Chozos do Suido

a 900 m. de altura na serra do Suido, temos “Os chozos” que son  antigas contruccións en pedra de orixe medieval  que eran empregadas polos pastores .
>> ver ruta de Os Chozos do Suido

Fervenza de Casariños 42°20'34.9"N 8°21'38.3"W

…tamén en plena serra do Suido, temos unha das fervenzas máis fermosas de Galicia.

Praia fluvial de Portovilán 42°21'03,76"N 8°26'54,88"O

Unha praia fluvial de augas cristalinas con dotacións muy completas.  Baños, merendeiros, parque biosaudable, quiosco, …

Cofinanciado por