Na parroquia de Estacas, no lugar de Bustelos ( na Chan da Anduriña), no cumio da costa do Alén, atopamos un foxo dos lobos moi particular, xa que é un FOXO DÚPLICE, ÚNICO EN EUROPA.
Coordenadas: 42°17’53.98″N 8°25’10.50″O / 42.2983 N, -8.41957 O
Propietario do Lugar: Comunidade de Montes de Estacas
Esta zona do Suído, reúne as condicións óptimas para a gandeiria extensiva (aínda hoxe en producción). Por iso, os seus antigos poboadores construiron este “foxo” coa idea de protexer o seu gando previndo o ataque do lobo.
O foxo do lobo é unha trampa ancestral para a captura do lobo e de outras “alimañas” como se decía.
Hai varias tipoloxías, sendo a de converxencia a máis común.
A trampa consistía en dúas longas paredes (sebes) de manpostería seca , que se ían pechando ata un pozo circular de tres ou máis metros de ancho . Este pozo tiña unha pequena entrada por onde pasaba o lobo, e que logo se pechaba para que non saira.
Chegado o momento, convocábanse aos veciños, que se reunían e ian ao monte , montando barullo e levaban pouco a pouco ao lobo a entrar entre as sebes, fecendo que se adentrase na trampa…
” Cando o animal chegaba ao corredor, saian os nenos dos seus escodedoiros e espantábano tirándolle pedras; o lobo ía así a cair no pozo. Unha vez dentro era rematado”.
Mentras uns ‘corrían ó lobo’, outros ‘gardaban as cancelas’ ( pequenas portas que hai nas paredes, polas que atravesan camiños) para que non fuxise por elas.
como chegar >>
Detalle do desvío para coller o camiño ata o Foxo dos Lobos, na Portela do Pozo