Contacto
R/ Praza da Igrexa, 1
36847 Concello de Fornelos de Montes
Contacto:
Tel.: 986.76.84.09
Fax: 986.76.84.11
HORARIO
PROGRAMAS
Programa de información, orientación e asesoramento:
A través da oficina municipal de Asuntos Sociais, poñer os mecanismos dispoñibles para facilitar ao cidadán e a comunidade en xeral o coñecemento e acceso aos recursos sociais existentes, cunha axuda profesional que garanta unha resposta ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación de servizos sociais, entre eles están o acceso a RISGA, axudas Emerxencia Social, etc.
Axuda no fogar:
Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións persoais no domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións que teñan limitada a súa autonomía persoal ou os casos de desestructuración familiar.
Actuacións preventivas:
Realizanse actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación , intervindo para acadar a integracion social. Programa de información, orientación e asesoramento: a través da oficina municip Programa de información, orientación e asesoramento: a través da oficina municipal de Asuntos Sociais, poñer os mecanismos dispoñibles para facilitar ao cidadán e a comunidade en xeral o coñecemento e acceso aos recursos sociais existentes, cunha axuda profesional que garanta unha resposta ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación de servizos sociais, entre eles están o acceso a RISGA, axudas Emerxencia Social, etc.