
BANDOS
>> COBRANZA EN PERIODO VOLUNTARIO DO IVTM DO EXERCICIO 2022 (21 de Abril 2022)
>> INSPECIÓN VEHICULOS AGRÍCOLAS (23 de Marzo)
>> REUNIÓN INFORMATIVA FRAUDES ON-LINE (9 de Marzo, ás 19:00 , multiusos de Fornelos.)
>> COBRANZA EN PERIODO VOLUNTARIO DE TAXAS
>> CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL EN E-ADMINITRACIÓN II
>> Mapas de franxas do Concello de Fornelos de Montes
>> Información sobre actuacións fronte ao COVID-19 no Concello de Fornelos de Montes
>> Medidas do Concello de Fornelos de Montes ante a crise sanitaria do coronavirus

PLENOS
Certificación do acordo da sesión ordinaria do Pleno de data 28 de abril de 2022, polo que se aproba a declaración institucional asumindo o compromiso de loitar contra a fraude no Concello de Fornelos de Montes



A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Fornelos de Montes, con cargo ao PLAN DE OBRAS E SERVIZOS – PLAN CONCELLOS 2021.
Unha subvención de 4.710,97 € para destinala a seguinte actuación “AXUDAS AOS SECTORES ECONÓMICOS DO MUNICIPIO DE FORNELOS DE MONTES AFECTADOS POLA CRISE DA COVID-19 ”
LIÑA 2: FINANCIAMENTO DUNHA LIÑA DE AXUDAS QUE SOLICITEN OS CONCELLOS PARA OS SECTORES MAIS AFECTADOS POLA SITUACIÓN PANDÉMICA. (HOSTALERÍA, COMERCIO, CULTURA, DEPORTES, TURISMO, ETC)
>> Ver pdf

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da entidade AUGAS DE GALICIA, ao abeiro da Resolución de 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG núm. 56 do 24 de marzo de 2021), concedeulle unha subvención ao Concello de Fornelos de Montes por importe de corenta e nove mil seiscentos oitenta e cinco euros con trinta céntimos (49.685,30 €), para a execución do investimento denominado “Dotación da rede de saneamento no lugar de Alén, no Concello de Fornelos de Montes”.
O obxectivo das obras é dotar ao núcleo de Alén, na parroquia de Calvos, da rede de saneamento, da que carece actualmente, considerándose necesario e urxente, por ser un servizo esencial, proporcionando un servizo axeitado aos habitantes do lugar, así como un tratamento das augas que se verten ao medio natural, para cumprir coa normativa de aplicación respecto a vertidos de augas residuais ao medio natural.
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 236 de 7 de decembro de 2021, foron publicadas as bases e convocatoria de axudas aos sectores económicos do municipio de Fornelos de Montes afectados pola crise da Covid-19.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días naturais
>> Extracto publicación bases da convocatotia (BOPPO 7 Dec.)
>> Bases e convocatria de axudas (BOPPO 7 Dec.)

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, tramitada como anticipado de gasto, publicada no DOG nº 27, de 10 de febreiro de 2021, concedeulle unha subvención ao Concello de Fornelos de Montes por importe de 3.000,00 euros para a elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).
O que se pretende é elaborar unha ferramenta que permita acadar o obxectivo da redución das emisións de CO₂ a través de medidas de eficiencia enerxética, o PACES, a través do que se planificarán os obxectivos estratéxicos de actuación, integrando os aspectos relacionados coa mitigación e a adaptación ao cambio climático, dentro das políticas, estratexias e plans relevantes do Concello de Fornelos de Montes, coa finalidade de acadar un desenvolvemento local sostible e tratando de reducila dependencia enerxética
CONVOCATORIA DA X EDICIÓN PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY
IX EDICIÓN PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY
PAULA CASTRO LAGO gañadora da IV edición do Premio de Xornalismo M. Lueiro Rey.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, con cargo ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, en virtude da resolución da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) do 21 de abril de 2021 (Rexistro de entrada nº 2021-E-RC-475 de 27 de abril de 2021), pola que se concede unha subvención polo importe de 38.146,26 € (19.073,13 € correspondentes á anualidade 2021 e 19.073,13 € correspondentes á anualidade 2022), para o investimento cun orzamento total de 46.543,86 € denominado “RENOVACIÓN DE PAVIMENTO EN CAMIÑO DO AREAL A CRISCADA E CAMIÑO DE ERBEREDA, VENTIN”

MONTSE FAJARDO GAÑADORA DA II EDICIÓN DO PREMIO DE XORNALIMO MANUEL LUEIRO REY

Actividades culturais e sociais Fornelos 2018

VII edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

Escola de gaita e percusión do Concello de Fornelos de Montes. Curso 2018-2019
Horario das clases: sábados de 11:00h a 13:00h
A matrícula e as clases son totalmente gratuítas.
Matricúlate en clase de: gaita, tambor, pandeireta
Clases para nenos e adultos
Iniciación ou perfeccionamento
Se tes algunha dúbida podes chamar o número de teléfono: 619 550 310

Escola Municipal de Música. Curso 2018-2019
-As clases darán comezo o sábado día 6 de outubro
-O curso de Música abarcará de outubro de 2018 a xuño de 2019 (ambos os incluídos)
-Horarios: os sábados pola mañá. Primeiro día á 10,30 h, este día entregaránselles os horarios individualizados a cada alumno, segundo idade e instrumento.

Títeres: “Sabela e o Paxaro máxico”
Praza da Igrexa. Fornelos de Montes
Martes 7 de agosto ás 20:00h.
En caso de choiva ou mal tempo trasladarase ao multiusos
Apertura Piscina Municipal
A piscina municipal abrirá o 1 de xullo de 2018.
O horario será de 16.00 a 20.30 horas.
O prezo da entrada será de 2,00 euros.
A cota do carnet da piscina para toda a tempada será de 25,00 euros para os menores de 15 anos e de 35,00 euros para os maiores, existindo ademais un CARNET FAMILIAR de 50,00 EUROS para a parella e os fillos menores de 18 anos cun fillo e por cada fillo mais 10,00 EUROS.

II Premio Xornalismo Manuel Lueiro Rey
Convoca o Concello de Fornelos de Montes.
Colabora o Departamento de Cultura e Lingua da Deputación.
Medios que colaboran na publicación do texto gañador; Diario de Pontevedra, Diario de Arousa, Prazas Pública, Sermos Galiza, Galiza Confidencia, Que Pasa na Costa, Tempos Novos
Ver bases

Acto entrega VI Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey
Acto de entrega
15 de abril ás 12:30h.
Centro Multiusos de Fornelos de Montes

Feira Mensual Fornelense – Fornelos de Montes – Mercadillo 2018
ROUPA – ALIMENTACIÓN – CALZADO
Sábados todo o día dende as 10:00
12 maio, 9 xuño, 14 xullo, 18 agosto, 8 setembro, 13 outubro, 10 novembro, 8 decembro e 22 decembro
O tempo en Fornelos de Montes >> AMPLIAR
Anuncios
Subvencións para a dinamización lingüística, dirixidas aos concellos e otras entidades locais da provincia de Pontevedra “Promoción e desenvolemento de programas de dinamización da lingua galega” Causa Lueiro “Premio de poesia e de xornalismo Manuel Lueiro Rey 2019” (subvención da Deputación 7.864,36 €)
>> Ver cartel
PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES TRIMESTRAL – 3º TRIMESTRE 2019
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Fornelos de Montes unha subvención por importe de 9.000,00 €, con cargo as bases reguladoras para a convocatoria de subvencións para “Plans de Mobilidade Sustentable” para concellos de menos de 50.000 habitantes, para o financiamento da redacción do PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE DE FORNELOS DE MONTES
>> Ver cartel
PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES TRIMESTRAL – 2º TRIMESTRE 2019
SUBVENCIÓN DA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA PARA A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL E PAISAXÍSTICO DA PARROQUIA DE ESTACAS
>> Ver cartel
Bando consumo diario de auga
>> Ver bando
PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES TRIMESTRAL – 1º TRIMESTRE 2019
III EDICIÓN PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY
A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDEU AO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES AS SEGUINTES SUBVENCIÓNS PARA O PROXECTO DENOMINADO REMODELACIÓN E DOTACIÓN DA PRAZA DA IGREXA E RÚA DAS ESCOLAS
A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Fornelos de Montes subvencións con cargo ao “Plan de obras e servizos (Plan concellos) 2018-2019. Anualidade 2019”
Festas de San Lourenzo, voltamos en...
Day(s)
:
Hour(s)
:
Minute(s)
:
Second(s)