Contacto

986 76 84 09

Sede electrónica

Tramitación en liña

EMPREGO PÚBLICO
BASES PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE ADMINISTRATIVOS DE ADMINISTRACIÓN XERAL (SUBGRUPO C1) NO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

>> Bases

 

 PLENOS
Certificación do acordo da sesión ordinaria do Pleno de data 28 de abril de 2022, polo que se aproba a declaración institucional asumindo o compromiso de loitar contra a fraude no Concello de Fornelos de Montes

>> Expediente 208/2022.

 

CONVOCATORIA DA XI EDICIÓN PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY

 

 

 

BASES DA CONVOCATORIA DA XI EDICIÓN PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY

PLAN DE OBRAS E SERVIZOS. PLAN CONCELLOS 2022-2023

A Deputación Provincial de Pontevedra en base as axudas económicas a entidades locais da provincia de Pontevedra para realizar actuacións de emerxencia que garantan o abastecemento de auga potable domiciliaria ante a situación de seca.

PLAN DE EMERXENCIA POLA SECA 2022 concedeulle ao Concello de Fornelos de Montes un importe de 2.440,66 € para a obra:
ELIMINACIÓN DE FUGAS PUNTUAIS NO SISTEMA DE CAPTACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE AUGA”.

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CONCEDEU AO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES UNHA SUBVENCIÓN POR IMPORTE DE 2.528,90€ AO ABEIRO DAS BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CON POBOACIÓN INFERIOR A 50.000 HABITANTES PARA O FINANCIAMENTO DOS GASTOS DERIVADOS DA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS DE PROXECTOS SUBVENCIONABLES AO ABEIRO DA CONVOCATORIA DO PIREP LOCAL PARA A ACTUACIÓN DENOMINADA:
ASISTENCIA TÉCNICA PARA A PREPARACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR O PIREP LOCAL

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Fornelos de Montes, con cargo ao PLAN DE OBRAS E SERVIZOS – PLAN CONCELLOS 2021.
Unha subvención de 4.710,97 € para destinala a seguinte actuación “AXUDAS AOS SECTORES ECONÓMICOS DO MUNICIPIO DE FORNELOS DE MONTES AFECTADOS POLA CRISE DA COVID-19 ”

LIÑA 2: FINANCIAMENTO DUNHA LIÑA DE AXUDAS QUE SOLICITEN OS CONCELLOS PARA OS SECTORES MAIS AFECTADOS POLA SITUACIÓN PANDÉMICA. (HOSTALERÍA, COMERCIO, CULTURA, DEPORTES, TURISMO, ETC)

>> Ver pdf

O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), con cargo ao Real Decreto 616/2017, 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (BOE Nº 144 do 17 de xuño de 2017), modificado polo Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro, o Real Decreto 316/2019, do 26 de abril e o Real Decreto 1185/2020, do 29 de decembro, concedeu unha subvención ao Concello de Fornelos de Montes por importe de corenta e dous mil seiscentos dezaseis euros con catro céntimos (42.616,04 €) para a actuación denominada “XERACIÓN ELÉCTRICA FOTOVOLTAICA. DEPENDENCIAS MUNICIPAIS DE FORNELOS DE MONTES”, cun orzamento total de cincuenta e tres mil douscentos setenta euros con seis céntimos (53.270,06 €). O proxecto consiste na instalación de paneis solares fotovoltaicos sen sistema de acumulación eléctrica e sen sistema de medición e rexistro de potencia e de datos solares en dependencias municipais do municipio de Fornelos de Montes. A instalación situarase na cuberta do garaxe municipal e dará servizo á piscina, ao polideportivo e á pista de pádel e ximnasio. Constará de 54 módulos fotovoltaicos cunha potencia de 340 Wp cada un deles e un investidor de 17 kW. O total de potencia fotovoltaica instalada será de 18,36 kWp. Con esta actuación diminuirase o consumo enerxético importado da rede de 25.500 kWh/ano a 1.232 kWh/ano e conseguirase un aforro enerxético estimado do 95 %.
O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), con cargo ao Real Decreto 616/2017, 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de ubvenciones a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (BOE Nº 144 do 17 de xuño de 2017), modificado polo Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro, o Real Decreto 316/2019, do 26 de abril e o Real Decreto 1185/2020, do 29 de decembro, concedeu unha subvención ao Concello de Fornelos de Montes por importe de catrocentos vinte e nove mil setecentos catro euros (429.704,00 €) para a actuación denominada “RENOVACIÓN TOTAL DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EXTERIOR MUNICIPAL DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES”, cun orzamento total de cincocentos trinta e sete mil cento trinta euros (537.130,00 €). O proxecto consiste en Renovación da iluminación pública exterior no municipio de Fornelos de Montes situado na provincia de Pontevedra, comunidade autónoma de Galicia, actuando na totalidade dos 940 puntos de luz existentes, substituíndo as actuais luminarias, principalmente VSAP, VM e HM por luminarias LED máis eficientes, incluíndo a posibilidade de regulación, e actuando nos 25 cadros de mando existentes. Con esta actuación diminuirase a potencia de 129,70 kW a 45,94 kW e conseguirase un aforro enerxético estimado do 74,36 %.

      A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da entidade AUGAS DE GALICIA, ao abeiro da Resolución de 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG núm. 56 do 24 de marzo de 2021), concedeulle unha subvención ao Concello de Fornelos de Montes por importe de corenta e nove mil seiscentos oitenta e cinco euros con trinta céntimos (49.685,30 €), para a execución do investimento denominado “Dotación da rede de saneamento no lugar de Alén, no Concello de Fornelos de Montes”.

      O obxectivo das obras é dotar ao núcleo de Alén, na parroquia de Calvos, da rede de saneamento, da que carece actualmente, considerándose necesario e urxente, por ser un servizo esencial, proporcionando un servizo axeitado aos habitantes do lugar, así como un tratamento das augas que se verten ao medio natural, para cumprir coa normativa de aplicación respecto a vertidos de augas residuais ao medio natural.

      No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 236 de 7 de decembro de 2021, foron publicadas as bases e convocatoria de axudas aos sectores económicos do municipio de Fornelos de Montes afectados pola crise da Covid-19.

      O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días naturais

       >> Extracto publicación bases da convocatotia  (BOPPO 7 Dec.)

      >> Bases e convocatria de axudas (BOPPO 7 Dec.)

      >> Anexo 1 – Solicitude de axudas

      A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, tramitada como anticipado de gasto, publicada no DOG nº 27, de 10 de febreiro de 2021, concedeulle unha subvención ao Concello de Fornelos de Montes por importe de 3.000,00 euros para a elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).

      O que se pretende é elaborar unha ferramenta que permita acadar o obxectivo da redución das emisións de CO₂ a través de medidas de eficiencia enerxética, o PACES,  a través do que se planificarán os obxectivos estratéxicos de actuación, integrando os aspectos relacionados coa mitigación e a adaptación ao cambio climático, dentro das políticas, estratexias e plans relevantes do Concello de Fornelos de Montes, coa finalidade de acadar un desenvolvemento local sostible e tratando de reducila dependencia enerxética

       CONVOCATORIA DA X EDICIÓN PREMIO DE POESÍA MANUEL LUEIRO REY

       ISMAEL RAMOS gañador da V edición do Premio de Xornalismo M. Lueiro Rey

      A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, con cargo ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, en virtude da resolución da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) do 21 de abril de 2021 (Rexistro de entrada nº 2021-E-RC-475 de 27 de abril de 2021), pola que se concede unha subvención polo importe de 38.146,26 € (19.073,13 € correspondentes á anualidade 2021 e 19.073,13 € correspondentes á anualidade 2022), para o investimento cun orzamento total de 46.543,86 € denominado “RENOVACIÓN DE PAVIMENTO EN CAMIÑO DO AREAL A CRISCADA E CAMIÑO DE ERBEREDA, VENTIN”

      Ti emprendes – O teu rural ten futuro

      Ti emprendes – O teu rural ten futuro

      DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
      DIRIXIDO A:
      Mozas e mozos entre 16 e 30 anos cos seguintes requisitos:

      • Inscritas/os no Sistema Nacional de
        Garantía Xuvenil
      • Residentes nos concellos rurais (con cor
        no mapa)
      • Desempregadas/os
      • Non integradas/os no sistema de
        educación ou formación

      >> Ver cartel

      O tempo en Fornelos de Montes >> AMPLIAR

      ...

      Anuncios

      A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, con cargo á Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, concedeulle ao Concello de Fornelos de Montes unha subvención por importe de 29.329,00 €, para o investimento cun orzamento total de 35.488,09 € denominado RENOVACIÓN DE PAVIMENTO EN CAMIÑO DO AREAL E CAMIÑO RIAL, RIAL (FORNELOS DE MONTES)

      >> Ver cartel

      Os Chozos do Suido

      a 900 m. de altura na serra do Suido, temos “Os chozos” que son  antigas contruccións en pedra de orixe medieval  que eran empregadas polos pastores .
      >> ver ruta de Os Chozos do Suido

      Fervenza de Casariños 42°20'34.9"N 8°21'38.3"W

      …tamén en plena serra do Suido, temos unha das fervenzas máis fermosas de Galicia.

      Praia fluvial de Portovilán 42°21'03,76"N 8°26'54,88"O

      Unha praia fluvial de augas cristalinas con dotacións muy completas.  Baños, merendeiros, parque biosaudable, quiosco, …

      Festas de San Lourenzo, voltamos en...

      Day(s)

      :

      Hour(s)

      :

      Minute(s)

      :

      Second(s)

      Cofinanciado por

      Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

      ACEPTAR
      Aviso de cookies