Servizos sociais

Contacto

986 76 84 09

Sede electrónica

Tramitación en liña

Contacto

Casa do Concello
R/ Praza da Igrexa, 1
36847 Fornelos de Montes
Contacto:
Tel.: 986.76.84.09
Fax: 986.76.84.11

HORARIO

O departamento de Servizos Sociais do  Concello de Fornelos de Montes traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas deste municipio.   Ofrece un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.   Nelas valóranse as necesidades expostas, oriéntase aos recursos máis axeitados, intervindo profesionalmente cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade.

 

 

 

PROGRAMAS

 

Programa de información, orientación e asesoramento:

 

A través da oficina municipal de Asuntos Sociais, poñer os mecanismos dispoñibles para facilitar ao cidadán e a comunidade en xeral o coñecemento e acceso aos recursos sociais existentes, cunha axuda profesional que garanta unha resposta ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación de servizos sociais, entre eles están o acceso a RISGA, axudas Emerxencia Social, etc.

 

Axuda no fogar:

 

Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións persoais no domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións que teñan limitada a súa autonomía persoal ou os casos de desestructuración familiar.

 

Actuacións preventivas:

 

Realízanse actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integracion social.           Programa de información, orientación e asesoramento: a través da oficina municip               Programa de información, orientación e asesoramento: a través da oficina municipal de Asuntos Sociais, poñer os mecanismos dispoñibles para facilitar ao cidadán e a comunidade en xeral o coñecemento e acceso aos recursos sociais existentes, cunha axuda profesional que garanta unha resposta ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación de servizos sociais, entre eles están o acceso a RISGA, axudas Emerxencia Social, etc.                                                                                

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies