Que visitar

Contacto

986 76 84 09

Sede electrónica

Tramitación en liña

Patrimonio natural

Praia fluvial de Portovilán

Praia fluvial de Airoa

Fervenza de Casariños
A serra de O Suío

Fervenza de Coto Grande
A serra de O Suído

Patrimonio etnográfico

O foxo dos lobos

Os chozos do Suído

A “cidade” de Oitavén

Os Petroglifos de Calvos

Praia Fluvial de Portovilán

Praia no río Oitavén , no lugar de Portovilán. Para achegarse hai que coller o desvío que vai pola antiga estrada. É unha praia moi accesible e familiar, dotada de aseos, parque bio saudable,  quiosco, zona de lecer,…

 

Coordenadas: 42º 21´ 03,57″ N  – 8º26´56,12″ O

Praia Fluvial de Airoa

Praia fluvial da Ponte Grante, no lugar de A Eiroa na parroquia de A Laxe.
Unha ponte medieval do Camiño dos Arieiros da acceso a un tramo de río embalsado nunha paraxe natural de gran beleza.
No entrono, podemos ver un muiño de batán restaurado,  e a Ponte Grande, unha ponte medieval, no camiño dos Arrieiros

Coordenadas:
42°20’57.1″N-  8°23’00.1″O

Fervenza de Casariños, na serra do Suído

Posiblemente unha das fervenzas máis fermosas de Galicia. Situada na serra do Suído.
A fervenza está formada pola unión de dous ríos denominados Barranqueira de Fonte Uceira e Barranqueira do Rego de Casariños que se unen un pouco máis arriba.

 

Coordenadas:
42°20’34.9″N 8°21’38.3″W

Fervenza do Coto Grande
na  serra do Suído ( Airoa)

Na Airoa,  (Fonte Uceira), no río Valdohome temos outra fervenza.
Aos pés do monte do Castro, hai un camiño que nos leva ata ela. Pasando unha antiga  ponte de pedra, e seguindo por un corto pero empinado camiño de pedra.

 

Coordenadas Fervenza de Coto Grande :
42°21’03,0″N – 8°22’10,9″W

O foxo dos Lobos ( Estacas)

Na  parroquia de Estacas, no lugar de Bustelos, ( A chan da Anduriñas) …

 

 

Os chozos do Suído

A 900 m. de altura na serra do Suído, diseminadas polas súas cumes  temos “Os chozos” que son  antigas contruccións moi singulares feitas en pedra (de orixe medieval), que eran empregadas polos pastores .

 

 

 

 

 

 

 

A “cidade” de Oitavén

O Monte da Cidade ten numerosos elementos patrimoniais datados en distintas épocas. Como resto arqueolóxico máis importante exite un castro da idade de ferro. Atópanse restos dun parapeto ( etapa castrexa). Na época moderna constrúese un poboado agro-gandeiro que ocupa boa parte do foso, composto por pequenas edificacións de pedra.
O acueducto, datado en 1787, canalizaba as augas e o rego para as terras de cultivo dispostas en terrazas sobre o río. A muralla da entrada, desempeñou a función de acueducto,  para dirixir a auga. Na parte alta dereita da porta de entrada, aínda se poden distinguir restos de edificacións circulares Celtas.

Os petroglifos de “xampardiño”, en Calvos

Na parroquia de S.Adrián de Calvos, representan diversos gravados rupestres da Idade de Bronce o que indica a presenza humana dende tempos moi pretéritos que indica xa aquí un poboamento anterior á dominación romana. Os petroglifos  están ben indicados, é fácil chegar a eles. Dende a igrexa de San Adrián de Calvos vaise ata as últimas casas e despois hai unha pista que se interna no monte, a uns 2 km, e moi arriba hai un momento no que se divisa a ría de Vigo…….entón aparece a rocha cos grabados.

 Este petróglifo, orientado cara ao leste, presenta unha combinación circular na parte máis alta da rocha. Xunto a ela podemos ver cazoletas, liñas e cruces. Na parte superior do penedo, na rocha lindeira cara ó N, aparecen tamén diferentes cazoletas desligadas do gravado principal.
Código no Catálogo da Xunta: GA36019003 // RI.000031623

Vídeos …

Fervenza de Casariños

Paseando entre A Laxe e Estacas

A “cidade”, en Oitavén