Os chozos do Suido

Contacto

986 76 84 09

Sede electrónica

Tramitación en liña

A serra do Suído conserva diseminadas polas súas cumes moitas mostras de arquitectura popular adicadas ao pastoreo. Estas construccións tan sigulares, pódense remontar á idade media.

A falta de vías de comunicación e a distancia que estes pastores percorrían  facíanlles pasar longas tempadas lonxe de seus fogares. Por este motivo,  e para  protexerse das neves, treboadas e  choivas que asolan estas terras,  organizáronse para a construcción dunhas estructuras nas que resgardarse, e de toda unha serie de instalaciós secundarias,  como lavadeiros, fontes ou lareiras formando un grupo humano de varios habitantes con una gran actividade, onde pasar longas tempadas.  Construíanse nos lugares máis protexidos da serra, aproveitando as ladeiras da vertente  sur para protexerse dos fríos e húmidos ventos do norte.

Coordenadas:  42º 21′ 07.4″”N    8º 25′ 12.6″ O / 42.3520556 N -8.4201666 O

Propietario do Lugar: Comunidade de Montes de A Laxe

Os Chozos son construccións de granito dunha soa planta.
O seu interior ten  aproximadamente 20 m2 e dispón de bancadas corridas,  bancos, nichos para almacenar obxectos, lareiras e unha pequena fiestra probablemente para facer de tiro das fogueiras da lareira.

A construción estaba cuberta con grandes lousas que descansaban sobre arcos  de medio punto.

 

No exterior, as espesas paredes laterales estaban apoiadas nos contrafortes para soster as presións dos arcos.

 

O tellado estaba cuberto de musgo e vexetais para illar a casa da humidade e da  calor no verán. Ao redor destes existían diferentes recintos para delimitar o gando así como as construcións anteriormente mencionadas.

A antigüidade destas construcións non é moi clara aínda que pola súa arquitectura de arcos de medio punto poderían ser da época medieval,  ( séculos XII ou XIII). O que está claro é que os habitantes querían crear construcións que durasen e resistisen o paso do tempo.