O.M.I.X

Contacto

986 76 84 09

Sede electrónica

Tramitación en liña

Contacto

Casa do Concello
R/ Praza da Igrexa, 1
36847 Fornelos de Montes
Contacto:
Tel.: 986.76.84.09
Fax: 986.76.84.11
omix@fornelos.com

HORARIO

De luns a venres de 09:00 a 15:00 horas

O Concello de Fornelos de Montes ten a disposición de toda a mocidade do municipio unha Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) que forma parte da estructura da Rede Galega de Información Xuvenil seguindo a normativa da Dirección Xeral de Xuventude dependente da Xunta de Galicia en materia de xuventude.
A OMIX organiza, xestiona e promove os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos, aínda que tamén presta os seus servizos a persoas non incluídas nesta franxa de idade.

 

SERVIZO OMIX

 

Programa de Información Xuvenil, que ten como finalidade ofrecer e xestionar información de interese para a mocidade sobre os temas que máis interesan e que maior demanda teñen por parte do colectivo xove, poñendo á disposición da mocidade unha serie de servizos especializados de orientación e un fondo de documentación organizado por áreas de interese que se pode consultar na oficina.
Entre outros temas ofrécese información sobre: asociacionismo, voluntariado, turismo activo, premios e concursos, bolsas e axudas, actividades de lecer e tempo libre, ofertas de emprego, carnés con descontos, actividades e outros servizos municipais.

 

A OMIX expide o CARNÉ XOVE, destinado á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, ambas incluídas.

 

Programa de Dinamización Xuvenil, que consiste na programación e execución de actividades seguindo a seguinte estructura por áreas temáticas: emprego, educación, lecer e tempo libre, asociacionismo e participación.

 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies