Historia

Contacto

986 76 84 09

Sede electronica

Tramitación en liña

As características do terreo que presenta o concello de Fornelos de Montes, xunto coas características climáticas, eríxense como un dos principais condicionantes para xustificar a escaseza de patrimonio histórico dentro deste territorio. Todos os tipos de bens que conforman a cultura material dun lugar é froito das accións humanas sobre o medio, constituíndo ao mesmo tempo o seu principal sinal de identidade.

 

A escaseza de poboamento que dende sempre se rexistrou no concello de Fornelos de Montes deixou consigo un escaso patrimonio arqueolóxico. Aínda así, podemos atopar dende mámoas, petróglifos e un sarcófago antropoide enclavado nunha rocha no lugar de Vilán, onde tamén se conservan os restos do castelo-fortaleza de Alemparte, ata xacementos castrexos como o do Monte da Cidade en Oitaven, o de Castrove en Laxe ou o do Monte Castelo en Calvos.

 

A mámoa de Borraxeiros, que se sitúa no límite das parroquias de Laxe e San Bernabé da Graña do concello de O Covelo, é un túmulo megalítico de período Neolítico.

Petróglifos de Xampardiño

Petróglifos de Xampardiño

Latitude: 42.3300382818 Lonxitude: -8.522

Na parroquia de S.Adrián de Calvos, representan diversos gravados rupestres da Idade de Bronce o que indica a presenza humana dende tempos moi pretéritos que indica xa aquí un poboamento anterior á dominación romana. Os petroglifos  están ben indicados, é fácil chegar a eles. Dende a igrexa de San Adrián de Calvos vaise ata as últimas casas e despois hai unha pista que se interna no monte, a uns 2 km, e moi arriba hai un momento no que se divisa a ría de Vigo…….entón aparece a rocha cos grabados.

 

Este petróglifo, orientado cara ao leste, presenta unha combinación circular na parte máis alta da rocha. Xunto a ela podemos ver cazoletas, liñas e cruces. Na parte superior do penedo, na rocha lindeira cara ó N, aparecen tamén diferentes cazoletas desligadas do gravado principal.
Código no Catálogo da Xunta: GA36019003 // RI.000031623

Monte da Cidade

Monte da Cidade

Latitude: 42.32653836848875 Lonxitude: -8.48867654800415

Subindo a Fornelos dende Pazos , antes da ponte que atravesa a presa de Eiras,  en frente do segundo cruce a Calvos, hay unha indicación que sinala un camiño estreito que nos leva directamente. (300 m).
O espazo do Monte da Cidade presenta numerosos elementos patrimoniais datados en distintas épocas. Como tresto arqueolóxico máis importante exite un castro da Idade de Ferro, este castro presenta alteracións provocadas polo seu uso como zona de poboamento estable  en distiontos periodos históricos. Atópanse restos dun parapeto ( etapa castrexa), asi como unha cosntrucción de area e pedra que se podía tratar  dunha  estructura para o control visual ( época medieval) e na época moderna constrúese un poboado agro-gandeiro que ocupa boa parte do foso,  composto por pequenas edificacións de pedra.
O acueducto, datado en 1787, canalizaba as augas e rega para as terras de cultivo dispostas en terrazas sobre o río. A muralla da entrada, desempeñou a función de acueducto, o cal podese observar ascendendo polo lateral para ver a canalización existente para dirixir a auga.
Na parte alta dereita da porta de entrada, ainda se poden distinguir restos de edificacións circulares Celtas.

Na parroquia de Fornelos no lugar de Chans de Vilán.
No 1467, este lugar converteuse no centro da revolta social dos campesiños gallegos contra os abusos feudales. Os irmandiños atacaron a torre medieval de Alemparte. Non venceron, pero avisaron. Era unha fortaleza difícil.

 

Quince anos máis tarde foi cercado, por orde do bispo de Tui, polas tropas do corrixidor de Baiona que non lograron apoderarse das ruínas polo que tiveron que reccorrer a Pedro Madruga quen, finalmente, conseguiu conquistalo. No ano 1893, os poucos restos que quedaban foron desfeitos definitivamente.

Don Pedro Alvarez de Sotomayor era fillo natural de Fernán Yáñez de Sotomayor, según declaración feita por éste no seu testamento, dicindo: “Pedro de Sotomayor mi fillo bastardo que lo obe de una mujer que sabe bien su nombre y quien ella es Alfonso García Darban mi escudero y Rodrigo Deza mi sobrino.”
Por vontade do seu pai empezou os estudos da carreira eclesiástica, e antes de terminala concedeulle Enrique IV a mitra de Santiago, non chegando a tomar posesión dela por falecemento do seu irmá don Alvaro, que o tiña profillado deixándolle todo o que tiña co consentimento do Rei (Real cédula de 6 de Agosto de 1468), polo cal foi dono da Casa de Sotomayor e de todos os seus estados.

Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a debilidade da coroa, consolida e incrementa os seus dominios. Éstes consistían, inicialmente, no castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista galego de comenzos do s. XVI), evalúa como casa de setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo sobre outra serie de casas fortes e torres que salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla ata o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión en feudo dun total de vinte feligresías en Terra de Salnés, que o arzobispo de Santiago, don Rodrigo Luna, concedera a Alvar Páez de Sotomayor.

Hacia 1467 obtivo don Pedro, de Enrique IV, un xuro de 150.000 maravedís sobre as rentas reais de Pontevedra, Vigo e Redondela; concesión que lle serviu de pretexto para señorear estas tres cidades durante os anos 70 do s. XV, e que lle acarreou, ó mesmo tempo, o enfrentamento permanente co arzebispo de Santiago, don Alonso de Fonseca, a cuxa xurisdicción pertencían ditas cidades.
Pedro Madruga continuou, como os seus predecesores Soutomaior, exercendo a encomenda sobre a igrexa de Tui, de forma que máis parecían os Soutomaior os señores da Igrexa, que os seus propios obispos, cos que o conflicto foi tamén permanente. Finalmente, don Pedro Madruga chegou a titularse Vizconde de Tui e Mariscal de Baiona.

Durante a Guerra Irmandiña (1467-1469) don Pedro refuxiouse en Portugal, onde gañou a amistade do monarca veciño, e contraeu matrimonio ventaxoso con dona Teresa de Táboa, da que tivo sete fillos: Álvaro, Fernando, Cristóbal, Diego, Alfonso, Mayor e Constanza; así comezaba o que ía ser unha constante na súa traxectoria, a vinculación política e familiar con Portugal. A reacción feudal contra os Irmandiños proporcionoulle a oportunidade de introducirse no escenario nobiliar galego e gañar nel un posto eminente; cruza a fronteira portuguesa e recupera os seus dominios sin dificultade, derrotando ás hostes irmandiñas cerca de Pontevedra; ponse en contacto co arzebispo Fonseca e con don Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente, ós que axuda a recuperar as súas anteriores posesións; por último, organiza á nobleza galega desbaratada e condúcea ata o desmantelamento das posicións irmandiñas.

Era a alianza conxuntural da nobreza contra o enemigo común, que pronto se vería rota polas exixencias particulares de cada un. Pola súa parte, o de Soutomaior contaba cos servizos e axuda dunha serie de cabaleiros de acostamento ós que sostiña nas súas terras e dominios (os Montenegro ou os Valladares, entre outros), así como dos seus familiares os Soutomaior de Lantaño, ou seu fiel amigo don Lope Sánchez de Moscoso, conde Altamira.
O momento cumbre da ascensión de Pedro Madruga prodúcese no 1475, cando obtén do rei portugués Alfonso V o título e os dereitos de conde de Camiña; por entonces constituira un dominio case exclusivo sobre a zona suroeste de Galicia, onde o pobo o invocaba como ; titulación acorde, polo demáis, coas súas pretensións hexemónicas, expresadas rotundamente nas súas propias palabras: <>.

Pedro Madruga na Guerra de Sucesión (1474 – 1479).

En 1474, morto Enrique IV, estala o conflicto sucesorio entre a súa irmá Isabel e a súa filla Juana; mentras a nobreza galega adopta unha actitude espectante, seus dous líderes máis cualificados posicionanse rápidamente. Pedro Madruga ó lado de Juana e do bando portugués; e iso, por afinidade xeográfica e cultural, por vinculación familiar, e con miras á salvagarda dos seus interéses persoais, a cabalo entre o sur de Galicia e o norte Portugal. Fonseca ó lado de Isabel e da futura monarquía dos Reis Católicos, buscando a rehabilitación e o ascenso político.
A intervención de don Pedro no conflicto sucesorio proporcionanos os acontecementos máis apasionantes da súa biografía.
Influe decisivamente no falido matrimonio entre Juana e o monarca portugués Alfonso V, programa e facilita a invasión portuguesa de Castilla; e él mesmo abre un frente galego na guerra, proclamando a Alfonso e Juana reis de Portugal, Castilla León e Galicia en Vigo, Caldas de Reis, Pontevedra, Padrón, Baiona e Tui. A esta presencia portuguesa en Galicia opuxose enérxicamente o obispo de Tui, don Diego de Muros, que tivo que sufrir, por isto, un prolongado cautiverio en terras portuguesas.

En outono de 1476 o arzebispado Fonseca, o conde de Monterrey, xunto cos nobres galegos que, de mellor a peor gana, incorporaranse ó bando isabelino, mandados por frei Arias del Rio, correxidor maior de Galicia, dirixense a Pontevedra, dispostos a reducir ó de Camiña; os secunda por mar unha escadra mandada por Ladrón de Guevara. Madruga resiste dous prolongados cercos á cidade, que terminan en fracaso polos asaltantes, quenes se deciden por unha tregua na primaveira de 1477.

Acontecemento singular, dentro das escaramuzas que provocou o conflicto sucesorio en Galicia, foi a prisión que sufriu Pedro Madruga a mans de don Rodrigo Alonso Pimentel, entre 1477 e 1478. Esta circunstancia foi aproveitada polo prelado compostelán e os demáis adversarios de Camiña para dirixirse a Pontevedra e rendila; dende alí apoderaronse de Redondela, Pontesampaio e Vigo; ocuparon varias fortalezas do de Soutomaior e realizan novas fortificacións na zona.
Os partidarios de Soutomaior só conseguen sosterse no seu propio castelo, en Salvaterra e Fornelos. Era a hora da revancha de Fonseca.

Tras conseguir a súa liberdade, Pedro Madruga regresa a Galicia na primavera de 1478; en menos dun ano consegue recuperar os dominios perdidos, apodérase de García Sarmiento, señor de Sobroso e do seu tio Fernán de Camba, dando morte a Gregorio de Valladares e a Tristán de Montenegro (antigos vasalos seus, agora no bando isabelino); os fonsecanos só conseguen manterse con dificultades en Pontevedra e Baiona. Según nos narra o cronista do s. XVII Felipe de la Gándara, un elemento clave nos éxitos militares de Madruga foi a utilización, polas súas hostes, de arcabuces e outras armas de fogo.

En 1479 firmábanse as paces entre Castela e Portugal, ó tempo que os Reis Católicos consolidábanse como monarcas de Castilla e Aragón. A pesar de que nos tratados se contemplaba un perdón xeral para os nobres que estiveran ó lado do monarca portugués, e de forma especial para Pedro Madruga, a situación política e militar da Península, que el soubera utilizar tan hábilmente en beneficio propio, tornábase agora adversa.

O ocaso de Pedro Madruga (1480 – 1486).

O arzebispo de Fonseca, paladín da coroa en Galicia, rompía toda relación con Pedro Madruga, reclamándolle a devolución das feligresías que tiña en feudo. Os Reis esixían a entrega de Vigo e Redondela á Igrexa de Santiago. Don Diego de Muros, obispo de Tui, queixábase ante a Curia Romana dos abusos que Pedro cometía contra a súa Igrexa.

Por outra parte, en 1480, estaban xa en Galicia, Antón de Paz, cos seus cuadrilleiros da Irmandade, e o Gobernador Acuña, dispostos a acabar co de Camiña. O cerco cerrábase sobre o señor de Soutomaior. Dándose éste conta do comprometido da súa situación, intenta actuación de desagravio hacia os seus adversarios e hacia a Coroa, e así, en 1482, restitúe a don Diego de Muros todos os bens que tiña usurpados á Igrexa de Tui.

Pero os Reis Católicos xa prepararan o final de Pedro Madruga. Protexeran na Corte a seu fillo maior, Álvaro de Sotomayor, e agora esixenlle que se faga cargo do señorío, desposeendo o seu pai. Don Álvaro, fiel ós desexos da Coroa, preséntase, en 1483, nas terras do seu pai e valéndose do engano, apodérase do castelo de Soutomaior; Pedro Madruga, que se atopaba en Portugal, ó coñecer esta traición, deshereda a seu fillo maior e vótalle a súa maldición. Pero, nun momento no que os feitos mandaban, todo isto era palabras que soaban a canto de cisne. Don Álvaro de Soutomaior heredaría o señorío co apoio e a confianza da Coroa, e ía a converterse nun novo tipo de nobre, sumiso á vontade dos monarcas.

A morte de Pedro Madruga, en 1486, queda envolta na duda e o misterio.

Viaxa a Alba de Tormes buscando a reconciliación e a gracia reais; sen conseguir os seus propósitos atopa alí a morte. Vasco da Ponte narranos expresivamente:

<<…unos dixeron que el conde muriera allí de dos carbúnculos, otros dixeron que el alcalde de Proiaño entrara en el monasterio con sus porquerones y que le hechara un garrote en el pescuezo; unos dicen que fue de una manera y otros dicen que fue de otra, quizá fue de entrambas maneras>>.

Na Idade Media O territorio de Fornelos na súa inmensa maioría estivo ligado á Casa de Soutomaior. No século XVIII a Casa de Soutomaior dispuña do Señorío Xurisdicional dun extenso territorio no que se incluían, polo que a Fornelos se refire, as freguesías de San Adrián de Calvos, San Lorenzo de Fornelos, e parte da de Sta. María de Traspielas. mais coma daquela a freguesía de Berducido era moito máis grande que hoxe en día, habería que incluír tamén as freguesías de Estacas e Laxe, pois no Catastro de Ensenada indícase que o lindeiro oriental de Berducido ata Abelenda (Ourense), e o meridional, Barciademera.

 

Freaza, aínda que situada en Traspielas pertencía á xurisdición de Sobroso.

 

Fornelos de Montes pagaba os dereitos de señorío -que nesta parroquia recibían no nome de “caballerato”-, por un importe de 240 reais. Berducido pagaba, sen nome especial, 1.200 reais, facéndoo as antigas familias que repoboaron o seu territorio. A luctuosa era pagada en tódalas freguesías, agás a de Calvos.

 

Coa abolición dos señoríos e o advenimento da reforma política que sae das Cortes de Cádiz de 1812 constitúese unha unidade administrativa que englobaba aos concellos de Soutomaior e Fornelos. Pero en 1869-70 prodúcese a segregación e formación de dous concellos distintos.

 

Hai que facer contar, noustante, que nos períodos 1812-14 e 1820-23, había Concello de Fornelos separado do de Soutomaior. A unidade conságrase na reforma efectuada polo R.D de 39/11/1833, debida a Javier de Burgos, que supón tamén o establecemento definitivo do sistema provincial Segundo este Decreto a Xurisdición de Soutomaior abranxía as parroquias de Anceu, Calvos, Barbudo, Estacas, Fornelos, Forzáns, Insua, Laxe, Pazos, Traspielas, Soutomaior, Xesta e Berducido.