Facturación electrónica

Contacto

986 76 84 09

Sede electronica

Tramitación en liña

Contacto

Casa do Concello
R/ Praza da Igrexa, 1
36847 Concello de Fornelos de Montes
Contacto:
Tel.: 986.76.84.09
Fax: 986.76.84.11

Os Códigos DIR3 do Concello de Fornelos de Montes  son:

Oficina Contable L01360195
Órgano Gestor L01360195
Unidad Tramitadora L01360195
NIFS asociados: P3601900H

A recepción de facturas no Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas (Face) terá os mesmos efectos que os que se deriven da presentación das mesmas nun rexistro administrativo,  tal e como se establece no artígo 10.2 da Orde HAP/1074/2014, de 24 de xuño, pola que se regulan as condicións técnicas e funcionais que debe reunir o Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas.

O Concello de Fornelos de Montes  adheriuse ao punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado, denominado FACe, punto xeral de entrada de facturas que comezou a funcionar con carácter obrigatorio o pasado 15 de xaneiro de 2015.

Todos os provedores que entregaran bens ou prestasen servizos a este Concello poderán expedir e remitir factura electrónica. En todo caso, de acordo co artigo 4º da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica, estarán obrigados o uso da factura electrónica e a súa presentación a través do punto xeral de entrada os seguintes proveedores:

  • Sociedades Anónimas
  • Sociedades de responsabilidade limitada
  • Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.
  • Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.
  • Unións temporais de empresas
  • Agrupacións de interese económico, Agrupacións de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital de riesgo, Fondo de inversiones, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización del mercado hipotecario, ou Fondo de garantía de investimentos.

¿COMO REMITIR AS FACTURAS?

Os proveedores para remitir as súas facturas deberán facelo a través de FACe no seguinte enlace https://face.gob.es

Para a remisión de facturas necesitarán dun Certificado Dixital válido emitido por calquera das entidades de certificación recoñecidas.

No seguinte enlace poden consultar e remitir facturas e descargar a aplicación para xeralas www.administracionelectronica.gob.es/es/ctt/face

A aplicación permite anexar documentos polo que este Concello esixe a incorporación da factura en formato PDF a efectos da súa tramitación; nesta factura en formato PDF se deberá indicar o código IBAN da conta bancaria onde se transferirá o importe da factura logo da súa aprobación.