Banda de gaitas

Contacto

986 76 84 09

Sede electronica

Tramitación en liña

En xaneiro de 1990 comezan no colexio público Dr. Suárez de Fornelos as clases de gaita promovidas polo propio Concello e a dirección do centro.
Na primeira clase interveñen 47 alumnos cunha media de idade de 9 anos e sen ningún tipo de coñecementos previos. En outubro do ano 92, ao acadar certo nivel de aprendizaxe, os alumnos de gaita comezan as clases de percusión coa idea de formar unha banda de gaitas. Dende os seus comezos, as clases foron impartidas por Hipólito Cabezas.

 

No ano 94, a pesar de que aínda non está formada a banda como tal, entra a formar parte da Asociación Galega de Bandas de Gaitas e da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da provincia de Pontevedra, sendo unha das bandas fundadoras. A partir do ano 96 é cando podemos dicir que a Banda comeza a funcionar xa cunha escola detrás, e dunha forma completa, actuando nas galas especiais da TVG “Premios Gastronómicos de Galicia” (96,98) e “Fin de ano”(96), e entrando na “Liga Galega de Bandas de Gaitas”, onde acada os seguintes resultados: 1996/1997 4ª categoría. Acada en todas as fases a maior puntuación nesta categoría entre 42 bandas de toda Galicia, conseguindo así o ascenso. 1997/1998 3ª categoría. Volve a conseguir o ascenso ao quedar na cuarta posición. 1998/1999 2ª categoría. Consegue o terceiro premio e ascende por terceiro ano consecutivo, esta vez á máxima categoría. 1999/2000 1ª categoría. Cunha media de idade duns 12 anos é a banda máis nova da categoría e acada a 13ª posición xeral, así como a 2ª posición na clasificación provincial nunha liga onde participan actualmente 142 bandas de gaitas. Despois dun tempo de descanso e renovación, en xullo de 2003 a Banda volve á liga só na derradeira fase e no 3º grao, como preparación para a liga 2003-2004. Nesta fase acada o 1º posto e o premio á mellor percusión. 2003/2004 3ª categoría. Consegue a segunda posición e ascende 2004/2005 2ª categoría. Acada en todas as fases a máxima puntuación, conseguindo o primeiro premio e ascendendo a primeira categoría 2005/2006 1ª categoría.

 

A banda acada o seu propósito de situarse entre os 10 primeiros ocupando a sétima posición, volvendo a ser a banda máis nova de dita categoría Nese mesmo ano a banda decide retirarse da liga, pero sen cesar no seu traballo, logrando promover novas iniciativas na súa comarca como festivais folcks e benéficos e realizando actuacións por toda Galicia. Na actualidade a maioría dos membros a súa vez, forman parte da Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra, coa que realizan actuacións importantes en diversos lugares de Galicia e de todo o mundo como na praza do Duomo (Milán), no parque Fundidora (Monterrey, México) e recentemente en diversos auditorios de Xenebra( Suíza). Neste ano a banda está celebrando o XX aniversario da súa formación, consolidándose como unha das bandas mais antigas da comarca e da provincia.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies